pedra
Audio 1

pedra substantivo feminino1 Materia sólida máis ou menos dura e compacta, que se atopa no interior ou na superficie da codia terrestre. Construír sobre pedra. SINÓNIMOS roca2, rocha2 Porción desa materia. A estrada estaba chea de pedras. Unha casa de pedra.3 Corpo que se forma en diversos órganos a causa da acumulación de sales inorgánicos. Quitáronlle unha pedra do ril. SINÓNIMOS cálculo, nefrólito Ten pedras na vesícula. SINÓNIMO cálculo4 Auga conxelada que cae con forza das nubes en forma de grans máis ou menos grandes. O vento e a pedra destruíron as colleitas. SINÓNIMOS graínzo, pedrazo, salpedrés, sarabia5 Peza en forma de barra que produce a chispa nalgúns acendedores. Non che acende o chisqueiro porque non ten pedra.6 Substancia amarelada de natureza calcaria que forma unha capa sobre o esmalte dos dentes. Foi ao dentista para limpar a pedra. SINÓNIMOS charrizo, sarrio7 Moa do muíño. Hai que picar a pedra, que xa non moe ben. SINÓNIMO capa18Carabuña Ten coidado, non tragues a pedra das cereixas. FRASES E EXPRESIÓNS CON pedra De pedra Abraiado ou afectado por algo inesperado, ata o punto de non poder reaccionar ou de non saber que facer. A noticia deixoume de pedra. Quedou de pedra coa túa resposta. Facer chorar as pedras VÉXASE chorar Idade de Pedra VÉXASE idade Menos dá unha pedra Expresión que indica conformidade co que se obtén, aínda que sexa pouco ou menos do esperado. Só lle tocaron vinte euros, pero menos dá unha pedra. Non deixar pedra sobre pedra Destruír completamente, destruílo todo. A explosión non deixou pedra sobre pedra. Non quedar pedra sobre pedra Estar completamente destruído. Tras os bombardeos, non quedou pedra sobre pedra. Pedra angular figurado Base, fundamento ou parte esencial de algo. A pedra angular do seu pensamento. Pedra de afiar Pedra pequena e alongada con que se afían os instrumentos de corte. Sacoulle gume ao coitelo coa pedra de afiar. SINÓNIMOS afiadoira, aguzadoira Pedra de toque 1 Variedade de xaspe que se emprega para avaliar a pureza dunha aliaxe ou do ouro e a prata. A pedra de toque é unha rocha silícea. 2 figurado Aquilo que serve para probar ou confirmar a calidade ou a autenticidade de algo. Este exame será a pedra de toque da súa valía. Pedra ferreal Pedra da cor do ferro. Lousaron o camiño con pedra ferreal. Pedra filosofal Materia que buscaban os alquimistas e coa que pretendían facer ouro de forma artificial. No libro describíanse as peripecias dun alquimista na procura da desexada pedra filosofal. Pedra pómez Pedra volcánica moi porosa e lixeira, que se usa para limpar e puír. A pedra pómez flota na auga. Pedra preciosa Pedra fina e dura de moito brillo e diferentes cores, que ten un gran valor e que, unha vez tallada, se emprega para facer xoias. O diamante é unha pedra preciosa. Ser de pedra Ser insensible, non manifestar emocións, sentimentos etc. É de pedra, non o conmove nada. Tirar a primeira pedra Ser o primeiro en acusar a alguén. Todos sabiamos quen era o culpable, mais ninguén quería tirar a primeira pedra.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!