pedreiro, pedreira
Audio 1
Audio 2

pedreiro (feminino: pedreira) substantivo1 Persoa que traballa nunha canteira extraendo pedra. Os pedreiros do Porriño.2 Persoa que ten por oficio labrar pedras para a construción. Fanlle a casa uns pedreiros da Terra de Montes. SINÓNIMO canteiro1 CONFRÓNTESE arguina substantivo masculino3 Historia Peza de artillaría destinada a lanzar bólas de pedra. Segundo conta a lenda, o porto foi defendido con pedreiros e canóns. substantivo feminino4 Lugar de onde se extrae pedra, especialmente para ser usada na construción. Arrincaban pedra da pedreira para anchear a estrada. SINÓNIMO canteira5 Terreo cuberto de pedras. Aquela terra era unha pedreira, non se podía labrar nela. SINÓNIMOS lareiro2, pedral, pedregal, pedregueira6 Cabo groso de certas artes de pesca, situado na parte inferior da rede onde antes se colocaban pedras, e hoxe se colocan chumbadas para que o aparello afonde. Anda amañando o chumbo da pedreira.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!