pelo
Audio 1

pelo s.m.1 Cada un dos filamentos de natureza córnea, que medran na pel da maioría dos mamíferos, incluído o home. Quítalle os pelos ao peite. SINÓNIMO cabelo Un pelo de león.2 Conxunto destes filamentos que cobren o corpo dun animal. Os raposos teñen o pelo moi longo. SINÓNIMO pelame3 Conxunto de pelos da cabeza dunha persoa. Vou cortar o pelo. SINÓNIMO cabelo4 Conxunto de filamentos que sobresaen na superficie dun tecido. Esta chaqueta solta moito pelo.5 Cada un destes filamentos. Atopou no prato un pelo do teu xersei.6 Bot. Filamento que se atopa sobre distintos órganos das plantas. Algunha plantas teñen pelos urticantes.7 Raia ou greta que nunha pedra ou nunha peza de metal, vidro ou outro material constitúe un defecto. Apenas se vía, pero o tubo tiña un pelo por onde traspasaba a auga.8 Serra ou folla de aceiro moi fina que se usa en traballos de marquetaría. Recortou a figura co pelo. FRASES E EXPRESIÓNS CON pelo Ao pelo De xeito que convén. Ese horario de tren venche ao pelo. A pelo loc. adv. Sen a indumentaria, os complementos ou o acompañamento habitual. Montaba a pelo un fermoso cabalo. Cantaba a pelo e non o facía nada mal. Caer o pelo (a alguén) Recibir un castigo ou reprimenda por algo que fixo mal. Vaiche caer o pelo por chegar tan tarde. Mata de pelo VÉXASE mata2 Non ter pelos na lingua Falar claramente e sen rodeos. Logo che di dúas verdades, non ten pelos na lingua. SINÓNIMOS non ter a lingua trabada, non ter lixos na lingua, non ter papas na boca Non ter un pelo de parvo Ser unha persoa intelixente. Non ten un pelo de parvo, vaise decatar. Non verlle o pelo (a alguén) Non ver unha persoa a outra durante bastante tempo. Non lle vexo o pelo desde o verán, onde andará? Polos pelos Por moi pouco. Collíchesme na casa polos pelos, ía saír. SINÓNIMO por un pelo Poñer os pelos de punta Producir unha persoa ou cousa unha forte impresión ou medo a outra persoa. Escoitar esas noticias tan tráxicas ponme os pelos de punta. Por un pelo Polos pelos. Por un pelo non me pillaches os dedos coa porta. Tomar o pelo Burlarse de alguén. Primeiro tomoulle o pelo e despois díxolle que a levaba.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!