peto
Audio 1

peto3 substantivo masculino1 Parte da armadura que cubría a parte anterior do busto. Dúas marcas, con forma de pomba no peto, eran o seu sinal. SINÓNIMO plastrón2 Parte de certas pezas de roupa que cobre o peito. Levaba un pantalón de peto.3 Parte inferior da cobertura dos quelonios. Entre os trazos característicos da tartaruga está a forma do peto. SINÓNIMO plastrón

peto
Audio 1

peto1 substantivo masculino1 Golpe dado nunha cousa. Collemos medo cando sentimos uns petos na porta.2 Paxaro da familia dos pícidos, que cría nos troncos vellos das árbores, nas que pode verse en posición vertical apoiándose no rabo, e do que existen diversas especies, entre as que as máis comúns son unha de tons verdosos e outra branca e negra. O voo ondulado dos petos. SINÓNIMOS picapau, piquelo, rinchón1

peto
Audio 1

peto2 substantivo masculino1 Recipiente de barro ou doutro material, cunha fenda pequena e estreita, no que se garda o diñeiro para aforrar. Teño un peto cheo de pesos.2 Saquiño pequeno que se cose na roupa e serve para gardar obxectos miúdos ou para abrigar as mans. Gardou os caramelos no peto. Cando vai frío metemos as mans nos petos. SINÓNIMOS bolso, bulso3 Caixa na que se recollen as esmolas nas igrexas ou noutros lugares. Algúns cruceiros teñen na súa base un peto. SINÓNIMOS arqueta, boeta FRASES E EXPRESIÓNS CON peto Calar coma un peto Non falar nun momento determinado por precaución, discreción, temor ou timidez. Empezaron a berrar con el e non tivo máis remedio ca calar coma un peto. Peto de ánimas Construción de cantaría situada nos camiños e encrucilladas na que se representan escenas do purgatorio e que ten na base un peto para as esmolas. Deixou unhas moedas no peto de ánimas. CONFRÓNTESE almiñas

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!