pillar
Conxugar
Audio 1

pillar /verbos/pillar.html Para todas as acepcións SINÓNIMO coller verbo transitivo1 Alcanzar e agarrar [algo ou a alguén que escapa ou pode escapar]. Pillou o can polas patas. Pillou unha bolboreta. SINÓNIMOS atrapar, cachar12 Chegar á altura de [alguén ou algo que vai diante]. Corre a ver se o pillas. SINÓNIMOS alcanzar, cachar1, cazar, pescar3 figurado Descubrir [alguén] facendo algo que está mal ou nunha situación comprometida. Pilleivos nunha mentira. Pillárono roubando mazás. SINÓNIMOS cachar1, cazar, pescar, sorprender4 Alcanzar e golpear [un vehículo] a unha persoa ou un animal. Pillouno un camión cando viña para a casa. SINÓNIMO atropelar5 figurado Comezar a experimentar os efectos de [unha enfermidade, o alcohol etc.]. Pillou unha borracheira onte pola noite. SINÓNIMO papar Abrígate, non vaias pillar un catarro. SINÓNIMOS agarrar, apañar, pescar6 Encontrar ou sorprender [alguén] da maneira que se indica. Pillouno desprevido. A noticia pilloume de vacacións.7 Apertar e mancar de xeito involuntario entre dúas cousas [unha parte do corpo]. Pillou un dedo na porta.8 Cazar ou pescar. Cantas troitas pillaches hoxe? O gato pillou un rato.9 Pasar a ser o dono de [algo] a cambio de diñeiro. Vai pillar un neto de viño á taberna.10 Conseguir entender. Axiña pillou o que lle dixeches. SINÓNIMO cachar111 Recibir o sinal de [unha emisora]. É unha zona moi baixa e non pillan ben as cadeas privadas.12 Facer uso de [un medio de transporte] para viaxar. Vou ver se pillo o autobús das cinco.13 Encamiñarse por [unha determinada dirección]. Se pillas o atallo, chegas antes. SINÓNIMOS tirar, tomar verbo intransitivo14 Encamiñarse nunha determinada dirección. Pillaron cara a Santa Comba. SINÓNIMO tirar OBSERVACIÓNS: É palabra de uso coloquial

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!