pirámide
Audio 1

pirámide substantivo feminino1 Matemáticas Poliedro que ten como base un polígono e as caras laterais en forma de triángulo, rematadas nun vértice común. Pirámide triangular.2 Construción de base cuadrangular e catro caras triangulares, onde se enterraban os faraóns do antigo Exipto. O guía conduciunos polo interior da pirámide.3 Construción semellante á anterior, que na época precolombiana servía de base dun templo. A pirámide da Lúa. FRASES E EXPRESIÓNS CON pirámide Pirámide de idades Gráfica que amosa para unha data concreta a distribución por idades e, xeralmente por sexos, dunha poboación. Na pirámide de idades podiamos observar o envellecemento da poboación. SINÓNIMO pirámide de poboación Pirámide de poboación Pirámide de idades. Os datos tirados da análise da pirámide de poboación reflicten un aumento considerable da natalidade. Pirámide truncada Matemáticas Porción dunha pirámide comprendida entre a base e outro plano que corta todas as arestas laterais. O edificio ten forma de pirámide truncada.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!