poñer
Conxugar
Audio 1

poñer /verbos/poñer.html Para todas as acepcións SINÓNIMO pór(se) verbo transitivo1 Facer que [algo ou alguén] pase a estar no sitio que se expresa. Puxo o libro na mesa. Púxolle a man na cabeza. SINÓNIMO pousar Pon o cadro na parede. SINÓNIMO colocar2 Facer que haxa nun sitio, ou no ánimo dunha persoa [certa cousa]. Poñerlles medo aos nenos. SINÓNIMO meter Poñer orde na casa. Poñer respecto.3 Vestir ou calzar [unha peza de roupa ou de calzado]. Pon este xersei e as botas, que vai frío.4 Dar [certa cantidade de diñeiro ou doutra cousa] para, entre varios, realizar algo. Eu poño o pan e vós os chourizos. Temos que poñer vinte pesos cada un para o viño.5 Deixar [algo ou alguén] nun estado diferente ao que tiña. Puxeches bo o pantalón. Púxoo nervioso.6 Estar escrito, dicir. Podes ler o que pon naquel letreiro?7 Chamar por primeira vez [a alguén ou algo] co nome de. Puxéronlle Andrea.8 Enviar [unha mensaxe] a través de certos medios de comunicación a distancia. Púxolle un telegrama. Ponnos unhas letras.9 Instalar [un negocio, unha industria etc.]. Puxo unha tenda de roupa. Queren poñer unha refinaría en Vigo.10 Conectar [un aparello] para que funcione. Pon a radio.11 Expulsar [o ovo] a femia dun animal ovíparo. As aves, os réptiles, os anfibios, os peixes e os insectos poñen ovos. Hoxe puxeron tres ovos as galiñas. Tamén absoluto A pita aínda non pon. verbo pronominal12 Quedar nun estado diferente ao que tiña. Púxose branco coa impresión. SINÓNIMO tornar(se) Mira como se puxeron as plantas co sol! Púxose moi contento.13 [Astro, particularmente o Sol] ocultarse detrás do horizonte. No inverno o Sol ponse cedo. ANTÓNIMO saír14 Chegar dun lugar a outro. Púxose en Viveiro en tres horas.15 [Alguén] pasar a ocupar un determinado sitio, movéndose desde o que ocupaba anteriormente. Púxoseme diante.16 familiarDicir Vai e pónseme: Animal!, mira por onde vas! FRASES E EXPRESIÓNS CON poñer Poñer a andar Amoestar severamente a alguén. Seica te puxo a andar teu pai! Poñer a + inf Indica o comezo da acción expresada polo infinitivo. Puxo o fillo a estudar nun colexio privado. Poñer a mal Facer que dúas ou máis persoas se leven mal. Cos seus comentarios, puxo a mal os veciños. Poñer ao día VÉXASE día Poñer a pan pedir Poñer verde. Púxoo a pan pedir diante de todos. Poñer en bandexa VÉXASE bandexa Poñer en causa VÉXASE causa Poñer en claro VÉXASE claro Poñer lumeQueimar Púxolle lume a unha morea de madeira picada pola couza. Poñer (pór) o dedo na chaga VÉXASE chaga Poñer pingando Poñer verde. Sabía que a ía poñer pingando polo que fixera. Poñer (pór) polo chan VÉXASE chan Poñerse a + inf Indica o comezo da acción expresada polo infinito. Chegou á viña e púxose a cavar. SINÓNIMOS comezar a + inf, empezar a + inf, ANTÓNIMOS acabar de + inf, rematar de + inf, terminar de + inf Poñerse ao día VÉXASE día Poñerse (un) ben Recuperar a saúde, mellorar. En canto empezou a tomar o tratamento xa se puxo ben. Poñerse na pel (de alguén) VÉXASE pel Poñer verde Criticar ou censurar severamente [alguén]. O xefe puxo verde a un empregado por non atender ben ao público. SINÓNIMOS poñer a pan pedir, poñer pingando

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!