polo, pola
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4

polo1 (feminino: pola) contracción Contracción da preposición por coa segunda forma do artigo: lo, la, los, las. Viuno pola rúa. A auga escorregaba polos tellados.

polo
Audio 1

polo2 substantivo masculino1 Cría dunha ave, en particular a da galiña. O polo xa saíu do ovo. SINÓNIMO pito12 Galo novo, que serve xa para a alimentación. Polo asado con patacas. FRASES E EXPRESIÓNS CON polo Ser bo polo Expresión que indica desaprobación máis ou menos severa da actitude, comportamento etc., dun rapaz ou dun home. Tan bo é un coma outro, son os dous bos polos. SINÓNIMO ser bo peixe

polo
Audio 1

polo3 substantivo masculino1 Cada un dos dous extremos do eixe imaxinario de rotación da Terra (Polo Norte e Polo Sur) ou doutra esfera calquera. Dun polo ao outro da Terra hai miles de quilómetros.2 Rexión que rodea cada un deses polos. Unha expedición ao Polo Norte.3 Electricidade Cada un dos bornes dun xerador eléctrico, positivo, por onde sae a corrente, e, negativo, por onde entra. Os polos dunha pila.4 Física Cada un dos puntos dun imán onde a forza de atracción é maior. Os polos do imán corresponden ao Polo Norte e Sur.5 Cada un dos extremos opostos dun corpo, dun órgano, dun organismo etc. Os polos da célula.6 Tipo de xeado cun pau que sobresae pola parte inferior, por onde se colle para tomalo. Un polo de sabor a limón.

polo

polo4 substantivo masculino1 Deporte Deporte semellante ao hóckey no que cada equipo está formado por catro xinetes, que teñen que tratar de introducir unha bóla na portaría contraria, valéndose de mazos de mangos longos. A familia real británica é moi afeccionada ao polo.2 Xersei ou camiseta, xeralmente de manga curta e colo camiseiro aberto ata a parte superior do peito. Mercou unha camiseta e un polo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!