propio, propia
Audio 1
Audio 2

propio (feminino: propia) adxectivo1 Da propiedade daquel de quen se fala. Ten casa e coche propios. SINÓNIMO particular ANTÓNIMO alleo CONFRÓNTESE de seu2 Del mesmo, non copiado nin imitado. Ten unha versión propia dos feitos. SINÓNIMO persoal CONFRÓNTESE particular3 Que corresponde en exclusiva ou por natureza. Ouvear é propio dos lobos. Non é moi propio desta época que vaia tanta calor. ANTÓNIMO impropio CONFRÓNTESE privativo, típico4 [Aquel ou aquilo de quen se fala] en persoa, non outro no seu lugar. Foi o propio director quen dirixiu a reunión. SINÓNIMO mesmo5 Que pertence ou afecta en exclusiva aquel ou aquilo que se expresa. Dígocho polo teu propio ben. Vino cos meus propios ollos.6 Que serve fundamentalmente para certa cousa. Unhas botas propias para camiñar pola neve. CONFRÓNTESE adecuado, apropiado, axeitado, ideal7 [Significado, sentido] orixinal ou primeiro dunha palabra. As palabras, na súa evolución, van adquirindo significados distintos do propio.8 Que é exacta ou propiamente aquilo que se expresa. Preposicións propias. ANTÓNIMO impropio substantivo masculino9 Persoa á que se lle confía unha encomenda ou unha encarga. Enviamos o recado por un propio. FRASES E EXPRESIÓNS CON propio Nome propio VÉXASE nome O propio O mesmo, a mesma acción. Vendo o que facía ela, eu fixen o propio.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!