punta
Audio 1

punta substantivo feminino1 Extremo agudo dunha cousa. A punta da espada, dun coitelo.2 Extremo dunha cousa máis ou menos alongada, aínda que non sexa agudo. Estaba sentado na outra punta da mesa. Acercouse andando nas puntas dos pés.3 Cravo pequeno. Dálle co martelo á punta, e non ao dedo.4 Porción de terra, polo xeral baixa e pouco extensa, que se mete no mar. A punta era un bo sitio para ir pescar con caña.5 Pequena cantidade de algo. Ao caldo fáltalle unha punta de sal. SINÓNIMOS chisca, chisco6 Deporte Xogador que se sitúa na primeira liña do ataque. O equipo xogou con dúas puntas. SINÓNIMO dianteiro FRASES E EXPRESIÓNS CON punta De punta En posición máis ou menos vertical. Levaba o pelo de punta. De punta a cabo locución adverbial Dun extremo ao outro. Percorremos a illa de punta a cabo. Hora punta VÉXASE hora Sacar punta Atribuírlle a algo un sentido ou unha intención distintos do que tiña. Os xornalistas sacáronlle punta ás declaracións do ministro. Ter (algo) na punta da lingua Estar a punto de recordar ou dicir algo. Dígoche agora o nome, téñoo na punta da lingua.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!