punto
Audio 1

punto substantivo masculino1 Obxecto ou marca visible de pequeno tamaño, polo xeral de forma redonda, que destaca sobre unha superficie. As estrelas son puntos de luz no ceo. Aquel puntiño alá ao lonxe debe ser un barco. CONFRÓNTESE pinta12 Posición determinada nunha liña, superficie, mapa etc. Cravaban bandeiriñas nos puntos onde pretendían desembarcar.3 por extensión Porción de espazo precisa que serve para situar algo ou que serve de referencia. Punto de chegada, de partida, de venda, de encontro. Mañá vai chover en varios puntos do país. SINÓNIMO lugar CONFRÓNTESE enclave4 Matemáticas A mínima extensión de espazo que se pode concibir. Por un punto pasan infinitas rectas.5 Signo ortográfico (.) que marca o final dunha oración ou unha abreviatura. Colocade os puntos e comas no seguinte texto.6 Momento, estadio ou grao determinado no desenvolvemento de algo, nunha serie ordenada ou nunha escala. Naquel punto foi cando decidiu marchar. Xa chegou a un punto que me toleou a cabeza. A nave espacial pasou xa o punto de non retorno. O índice de prezos subiu o mes pasado un punto.7 Física e Química Valor, dentro dunha variable, que caracteriza un fenómeno. Punto de conxelación, de ebulición, de fusión.8 Unidade que constitúe un elemento de valoración nun xogo, competición, exame etc. No anterior combate gañoulle aos puntos. Espero que me dean dous puntos polo traballo. Esta xogada vale catro puntos.9 Cuestión particular que forma parte ou é tratada dentro dun conxunto. O discurso está dividido en catro puntos. Non estamos de acordo nalgúns puntos do contrato.10 Puntada que se dá ao coser. Dálle dous puntos á camisa antes de que rompa máis.11 Labor de tecido, costura ou encaixe que recibe distintos nomes segundo a maneira de pasar o fío ou a forma dos lazos. Punto de cruz, de arroz, do dereito, do revés.12 Tecido feito con agullas de calcetar, cunha agulla de gancho ou con máquinas especiais. Levaba un traxe de punto. Os calcetíns son de punto. CONFRÓNTESE malla113 Rotura dunha lazada nun tecido deste tipo. Tes que lle coller os puntos á media.14 Medicina Puntada que une os bordos dunha ferida ou dun corte. A ferida era grande e déronlle varios puntos.15 Dor intensa que se sente nun lugar moi concreto do tórax ou do abdome. Deulle un punto cando estaba correndo. SINÓNIMO puntada CONFRÓNTESE flato16 Cada unha das distintas figuras e movementos que se fan coas pernas ou os pés nos diversos bailes. Aprendeume moitos puntos de muiñeira.17 Parte mínima de algo. O viño deste ano ten un punto de agulla. SINÓNIMOS chisca, chisco, miga18 Economía Unidade de medida dos cambios na cotización dos valores. As accións subiron tres puntos na última sesión.19 Tipografía Unidade de medida tipográfica que equivale a 0,376 mm. Doce puntos constitúen un cícero. FRASES E EXPRESIÓNS CON punto A punto locución adverbial 1 No momento preciso ou acordado, a tempo, de maneira oportuna. Chegas a punto. 2 Preparado para a fin que lle corresponde ou que se pretende. Hai que poñer o motor a punto. A comida xa está a punto. A punto de locución preposicional Indica que algo está próximo a ocorrer. Estivo a punto de caer. SINÓNIMO a piques de Ata certo punto Só en parte, relativamente, en certo modo. Ten razón ata certo punto. Eu, ata certo punto, compréndoa. De medio punto De curvatura semicircular. Un pórtico con arcos de medio punto. Dous puntos Signo ortográfico (:) que introduce unha enumeración ou unha cita. A continuación dos dous puntos escribiu os exemplos. En puntoExactamente Chegou ás sete en punto. Estar no seu punto Da maneira máis favorable, no mellor momento ou no estado máis perfecto. Os pexegos están no seu punto. SINÓNIMO sazón O asado estaba no seu punto. Saca o viño da neveira, que xa está no seu punto. Poñer os puntos sobre os is Aclarar algo, precisar. Imos poñer os puntos sobre os is e acabar con este asunto. Punto cardinal Cada un dos lugares concretos do horizonte sinalados polos catro puntos principais do compás. Os puntos cardinais son: norte, sur, leste e oeste. Punto crítico Momento ou situación especialmente difícil. As conversacións de paz entraron nun punto crítico. Punto de apoio Aquilo sobre o que se apoia ou sostén algo. Unha panca necesita un punto de apoio. A empresa necesita un punto de apoio financeiro. Punto de luz Cada unha das tomas ou enchufes eléctricos dunha zona, local ou superficie determinada. Na sala ten só un punto de luz. Punto de mira 1 Peza que permite axustar a puntaría dunha arma de fogo. Cambiou o punto de mira do rifle por outro máis preciso. 2 figurado Aquilo que constitúe o centro de interese. O xogador está no punto de mira de varios equipos. Punto de neve Aquel que adquire a clara do ovo cando ao batela aumenta de volume  e presenta unha textura esponxosa de maior consistencia. Para o biscoito bate as claras a punto de neve. Punto de partida 1 Lugar onde comeza algo. Os corredores volveron pasar polo punto de partida. 2 figurado Aquilo que se toma como fundamento. O diálogo é un bo punto de partida para chegar a acordos. Punto de vista Maneira de ver, considerar ou xulgar. El manifestou o seu punto de vista sobre o tema. Iso é relativo, todo depende do punto de vista. CONFRÓNTESE enfoque, perspectiva Punto e á parte Signo ortográfico (.) con que termina un parágrafo. Despois dun punto e á parte comezamos un parágrafo novo. Punto e coma Signo ortográfico (;) que indica unha pausa maior ca a dunha coma e menor ca a dun punto. Neste enunciado debes utilizar a coma e o punto e coma. Punto e seguido Signo ortográfico (.) que marca o final dunha oración, pero non dun parágrafo. Despois dun punto e seguido continuamos na mesma liña. Punto final 1 Signo ortográfico (.) con que remata un escrito. Escribe as conclusións e pon o punto final. 2 Aquilo que pon fin a algo. Un concerto poñerá punto final ás actividades culturais. Punto morto 1 Mecánica Posición do cambio de marcha dun vehículo en que a forza do motor non é transmitida ás rodas. Deixou o coche aceso en punto morto. 2 Situación na que non se ven trazas de saída. Neste momento, as negociacións están en punto morto. Punto negro 1 Lugar dunha estrada onde se producen moitos accidentes. Variarán o trazado da estrada para eliminar un punto negro. 2 Persoa ou cousa que resulta problemática ou perigosa. Os adversarios destacaron os puntos negros da súa xestión. Punto por punto Detalladamente, sen esquecer nada. Repetiu punto por punto todo o que oíra. Punto quilométrico Punto que indica a distancia desde o inicio da estrada, camiño ou vía férrea pola que se circula. A estrada estaba cortada por obras entre os puntos quilométricos 54 e 70. Puntos suspensivos Signo ortográfico (...) que indica que un enunciado queda inacabado. Se non remata a oración, marcámolo con puntos suspensivos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!