rei, raíña
Audio 1
Audio 2
Audio 3

rei (feminino: raíña) substantivo1 Xefe soberano que, nalgúns estados, herda o poder do seu antecesor. Don García foi rei de Galicia. CONFRÓNTESE monarca2 figurado Aquel que domina, que ten o poder ou control sobre algo, ou que sobresae entre os da súa clase. É un dos reis da industria do automóbil. O home é o rei da creación. substantivo masculino3 Carta da baralla que representa a figura dun rei. O rei de ouros.4 Peza máis importante do xogo de xadrez. Xaque ao rei.5 Zooloxía (Labrus bimaculatus) Peixe da familia dos lábridos, de cor alaranxada con manchas negras as femias e os exemplares máis novos e parda verdosa con bandas azuis ou violetas, os machos. Pescaron un rei de quince centímetros. SINÓNIMO gaián substantivo masculino plural6 Festa que se celebra o día 6 de xaneiro en conmemoración da adoración dos Reis Magos ao Neno Xesús. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Cantos de Reis.7 Datas próximas a esta festa. Pasou as vacacións de Reis nunha estación de esquí. FRASES E EXPRESIÓNS CON rei Pé de rei VÉXASE Peixe rei VÉXASE peixe

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!