renda
Audio 1

renda2 substantivo feminino1 Conxunto de bens económicos obtidos por unha persoa nun determinado tempo, xeralmente nun ano, que pasan a incrementar a súa facenda anterior. Imposto sobre a renda.2 Diñeiro ou froito que produce unha propiedade arrendada ou un capital nun determinado tempo, xeralmente nun ano. O seu capital prodúcelle unhas enormes rendas. SINÓNIMOS beneficio, rédito CONFRÓNTESE xuro OBSERVACIÓNS: Utilízase sobre todo en plural Vive de rendas, sen traballar.3 Cantidade que se paga periodicamente polo arrendamento de algo. Paga unha renda de trescentos euros ao mes pola casa que ten alugada. SINÓNIMO alugueiro FRASES E EXPRESIÓNS CON renda Renda nacional Conxunto dos beneficios da actividade económica total dun estado. O conferenciante falounos da distribución da renda nacional. Renda per cápita Produto de dividir a renda nacional polo número de habitantes do Estado. A renda per cápita pode ser un indicador do benestar social. SINÓNIMO renda por habitante Renda por habitante Renda per cápita. A renda por habitante da rexión está por debaixo da nacional.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!