resistencia
Audio 1
Audio 2

resistencia substantivo feminino1 Acción de resistir ou resistirse. A resistencia ás ordes dun superior.2 Actitude de quen se resiste a facer algo. Demostraron a súa resistencia a seren despedidos. SINÓNIMO oposición3 Capacidade do organismo para soportar esforzos prolongados ou capacidade para evitar un perigo. Ten resistencia para nadar grandes distancias. SINÓNIMO forza CONFRÓNTESE aguante Resistencia aos virus.4 Oposición que presenta un corpo a unha forza contraria. O aceiro ten máis resistencia ca a madeira. SINÓNIMO solidez5 Física Forza que hai que vencer nunha máquina, panca etc., mediante a aplicación dunha potencia. Nunhas tenaces o punto de apoio está situado entre a potencia e a resistencia.6 Electricidade Oposición dun condutor ao paso da corrente eléctrica. A resistencia mídese en ohms. SINÓNIMO resistencia eléctrica7 Electricidade Elemento pouco condutor que se introduce nun circuíto eléctrico para dificultar o paso da corrente, xeralmente co fin de producir calor. Queimáronse as resistencias do secador de cabelo.8 Organización clandestina xurdida en varios países europeos para loitar contra a ocupación alemá na segunda guerra mundial e noutros países para loitar contra as ditaduras. A resistencia francesa. A resistencia ao réxime franquista. FRASES E EXPRESIÓNS CON resistencia Resistencia eléctrica Resistencia (acepción 6). Os materiais que son bos condutores teñen pouca resistencia eléctrica.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!