respecto
Audio 1

respecto substantivo masculino1 Actitude ou sentimento que fai que sexa tratada con consideración unha persoa ou cousa. Xa non hai respecto polos maiores! As imaxes sagradas merecen respecto. Sempre tivo moito respecto polas ideas dos seus adversarios.2 Feito ou circunstancia de obedecer unha norma, regra, lei etc. O respecto do código é necesario para evitar o caos da circulación. SINÓNIMOS cumprimento, obediencia, observación3 Sentimento de inquietude que se experimenta ante algo perigoso. Tenlle moito respecto a saltar en paracaídas. CONFRÓNTESE medo1, temor FRASES E EXPRESIÓNS CON respecto Ao respecto En relación con algo expresado anteriormente. Non comentaron nada ao respecto. A respecto de locución preposicional No que concirne a. Estableceron unha política comercial común a respecto de terceiros estados. SINÓNIMOS acerca de, con relación a, con respecto a, en relación con, respecto a, respecto de, sobre1, verbo de Con respecto a locución preposicional A respecto de. Con respecto ao segundo punto, non teño nada que obxectar. Respecto a locución preposicional A respecto de. Respecto ao que me contaches, non che sei dar ningún consello. Respecto de locución preposicional A respecto de. Respecto dese asunto, intentarei buscarlle algunha solución.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!