retirar
Conxugar
Audio 1

retirar /verbos/retirar.html verbo transitivo1 Mover [unha cousa] de xeito que deixe de estar en contacto con outra ou preto dela. Retirade a mesa da parede. Retira a ola do lume. SINÓNIMOS afastar, apartar CONFRÓNTESE quitar, sacar, tirar2 Facer que [alguén] deixe de exercer unha profesión ou de realizar unha actividade á que se dedicou toda a vida ou parte dela. Retirárono por causa dunha enfermidade. SINÓNIMO xubilar13 Privar a alguén de [certa cousa da súa propiedade]. Retiráronlle o carné de conducir durante un mes. SINÓNIMOS quitar, sacar4 Facer que [unha cousa] deixe de estar gardada, depositada etc., no lugar en que estaba. Retirou os aforros do banco. Ten que retirar o vehículo antes das nove. SINÓNIMOS quitar, sacar5 Declarar alguén que non mantén [certas palabras, posición etc.]. Retiro o que dixen. Retirou a súa candidatura á alcaldía.6 Deixar de dar [aquilo que se expresa]. Retiroulle a palabra. Retiráronlle a súa amizade.7 Pór [unha cousa] fóra de uso, por considerar que non reúne as condicións necesarias, por cumprir o seu tempo de uso ou de servizo etc. Retiraron o camión porque ía vello. Retiraron os billetes de cincocentas pesetas. verbo pronominal8 [Alguén] moverse de xeito que deixe de estar en contacto con algo ou preto del. Retirádevos de diante da ventá. SINÓNIMOS afastarse, apartarse, CONFRÓNTESE quitarse, sacarse, tirarse9 [Persoa] deixar de exercer unha profesión ou de realizar unha actividade á que se dedicou toda a vida ou parte dela. Retirouse co grao de xeneral. SINÓNIMO xubilarse10 Abandonar unha competición deportiva antes de chegar ao remate. Retirouse da carreira durante a ascensión ao porto.11 [Exército] abandonar o lugar onde loitaba. O exército retirouse á retagarda.12 Meterse nun lugar onde se pode descansar. Ao chegar a noite retirouse ao seu cuarto. SINÓNIMO recollerse13 Ir vivir a un lugar retirado. Retirouse a un convento.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!