rubio, rubia
Audio 1
Audio 2

rubio (feminino: rubia) adxectivo1 Vermello ou encarnado, que pode ir desde a cor do sangue ata un ton case rosa. Un bolígrafo rubio. Ten as fazulas rubias. SINÓNIMO roibo2 Entre o castaño tirando a vermello e o amarelo tirando a vermello. As vacas que ten son de cor rubia. SINÓNIMOS roibo, roxo1 CONFRÓNTESE louro3 [Persoa, animal] que ten o pelo, o cabelo ou as plumas tirando a vermello ou amarelento. Ten seis galiñas rubias e un capón pedrés. Tamén substantivo [ persoa ] Os rubios adoitan ter a pel branca e moitas pencas. SINÓNIMOS roibo, roxo1 substantivo masculino4 Peixe da familia dos tríglidos, do que existen varias especies, de corpo alongado, espiñas no opérculo e cor principalmente vermella, que é moi abundante nas augas galegas. Os rubios viven nos fondos mariños. SINÓNIMOS alfóndega, berete, cavillón, escacho CONFRÓNTESE perlón FRASES E EXPRESIÓNS CON rubio Poñer rubioRuborizar Púxoo rubio diante de todos descubrindo o seu segredo. Poñerse rubioRuborizarse Esta rapaza ponse rubia por calquera cousa que lle digan.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!