sala
Audio 1

sala substantivo feminino1 Cuarto principal da casa, destinado ao lecer e a recibir visitas. Comprou un sofá e unha libraría para a sala.2 Local dun edificio público destinado a diferentes actividades. Sala de espera. Sala de profesores. Sala de conferencias.3 Local onde se concentra a maquinaria dunha instalación industrial. Sala de caldeiras. SINÓNIMO cuarto14 Local público cuberto destinado a espectáculos. Sala de cine. Sala de concertos.5 por extensión Conxunto de persoas que asisten a un espectáculo. A sala posta en pé, aplaudiu a actuación do tenor. SINÓNIMO público6 Dereito Local onde un tribunal de xustiza celebra os seus actos. Non deixaron entrar público na sala mentres se celebrou o xuízo.7 Dereito Conxunto de maxistrados que nunha audiencia levan as diferentes xurisdicións. O xuíz que instrúe o caso pertence á sala do penal. FRASES E EXPRESIÓNS CON sala Sala de estar Sala (acepción 1). Cambiou o sofá da sala de estar. Sala de festas Local público de grandes dimensións destinado ao baile, onde hai actuacións musicais. De mozos, ían bailar á sala de festas. Sala de máquinas Compartimento dun barco onde están os motores. Conseguiron apagar o incendio da sala de máquinas. Sala de operaciónsQuirófano Os cirurxiáns xa saíron da sala de operacións. Sala de partos Espazo dunha instalación hospitalaria destinado a atender as mulleres durante o proceso do parto. Levaron o bebé directamente da sala de partos á sala de neonatos. SINÓNIMO paridoiro Sala de xogos Establecemento público onde se poden practicar diferentes xogos de mesa, xogar ao billar, videoxogos etc. Pasaban a tarde metidos na sala de xogos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!