sangue
Audio 1

sangue substantivo masculino1 Líquido vermello e viscoso que circula polas veas e arterias do organismo. Perdeu moito sangue na operación. Facerse doador de sangue.2 figurado O que se derrama a consecuencia de feridas ou mortes. Foi unha espiral de violencia e vinganza que provocou moito sangue.3 Liñaxe ou parentesco. Vínculos de sangue. FRASES E EXPRESIÓNS CON sangue A sangue frío locución adverbial De maneira calculada, sen deixarse levar pola ira ou por algunha emoción. Un crime a sangue frío. Chuchar o sangue VÉXASE chuchar Chupar o sangue VÉXASE chupar Delito de sangue VÉXASE delito De sangue quente [Animal] homotermo. Os humanos somos animais de sangue quente. De sangue frío [Animal] que ten unha temperatura corporal variable dependendo da do ambiente. Os réptiles son animais de sangue frío. En sangue quente locución adverbial Sen reflexión, movido por un impulso. Se non o fixeches en sangue quente agora xa non te vas atrever. Ferver o sangue Producir sentimento de indignación. Férveme o sangue cando vexo as inxustizas que ten que soportar. Filloa de sangue VÉXASE filloa Sangue azul figurado Liñaxe nobre. Emparentou coa aristocracia, cunha familia de sangue azul. Sangue frío Serenidade para se desenvolver con normalidade en situacións perigosas, complicadas ou desagradables. Tivo o sangue frío suficiente para entrar na casa incendiada.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!