señor, señora
Audio 1
Audio 2

señor (feminino: señora) substantivo1 Título de cortesía que se dá, por boa educación, a unha persoa de certa idade, ou descoñecida, ao falar con ela, ao escribirlle ou ao falar dela. O señor Xosé anda sempre a fumar. CONFRÓNTESE siña, tío Recibiunos un señor vestido de negro. O dependente estaba atendendo uns señores. CONFRÓNTESE cabaleiro, dama, dona Señora dona Elvira Abrantes... O señor xuíz ten a palabra. OBSERVACIÓNS: A. Como vemos nos dous últimos exemplos, emprégase con frecuencia seguido doutro tratamento, ou do nome da profesión que exerce a persoa a quen se dedica. B. Nesta acepción, a súa abreviatura é Sr. ou Sra.2 Persoa de categoría elevada, posuidora de certas propiedades. Os señores do pazo vivían en Madrid. O señor do Castelo.3 Persoa a quen serve alguén. Os criados tíñanlle moita estima á señora.4 Persoa que dá mostra de boa educación, finura, refinamento etc. OBSERVACIÓNS: Adoita utilizarse con sentido irónico Viste coma un señor. Quedaches coma unha señora. substantivo masculino5Deus OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Rogádelle ao Señor pola alma do defunto. O Señor teña piedade de vós.6 Persoa que no réxime feudal posuía e gobernaba un territorio. O señor e os seus vasalos. substantivo feminino7 Muller que está casada cun home, con respecto a este. Como segue a súa señora? SINÓNIMOS dona, esposa, muller adxectivo8 familiar Que destaca entre os da súa clase. Un señor coche. Levou un señor desgusto. FRASES E EXPRESIÓNS CON señor Non señor Expresión que se utiliza para contestar negativamente, de forma enfática. Non señor, non, eu non vou pola auga. Nosa Señora Título dado polos católicos á Virxe María. Nosa Señora do Carme. Si señor 1 Expresión que se utiliza para responder con énfase de forma afirmativa. -Oíchesme Carme? -Si señor, xa o oín. 2 Expresión que se utiliza para indicar de forma enfática a conformidade con algo ou a satisfacción por algo. Si, señor! Así se xoga.

señora
Audio 1

señora VÉXASE señor

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!