separar
Conxugar
Audio 1

separar /verbos/separar.html verbo transitivo1 Mover para un lado de xeito que quede un espazo, vía etc., libre. Hai que separar o armario da parede. SINÓNIMOS afastar, apartar, arredar, desachegar, desarrimar ANTÓNIMOS acercar, achegar2 Pór lonxe ou máis lonxe. Separa as cadeiras da mesa para varrer.3 Facer que [dúas ou máis persoas] deixen de pelexar ou de discutir. Se non os separasen, ía haber sangue. SINÓNIMO apartar4 Facer que [unha persoa ou cousa] deixe de estar coa persoa ou cousa con que estaba. Motivos de traballo sepárana da familia. SINÓNIMOS afastar, apartar Co filtro separaron os compoñentes da mestura.5 Saber ver con claridade a diferenza ou o límite entre [cousas distintas]. É preciso separar os diversos aspectos neste asunto. SINÓNIMOS deslindar, distinguir verbo pronominal6 Moverse para un lado de xeito que quede un espazo, vía etc., libre. Sepárate do lume. Separádevos da ventá que hai pouco que a pintaron. SINÓNIMOS afastarse, apartarse, arredarse, desachegarse, desarrimarse, ANTÓNIMOS acercarse, achegarse7 Pórse lonxe ou máis lonxe. Separámonos da costa por unha estrada estreita.8 Deixar de vivir coa persoa coa que se está casado ou coa que se mantén unha relación amorosa. Separáronse ao pouco de casar.9 Deixar de pertencer a un grupo ou asociación ou de manter relacións comerciais, sociais etc., con alguén. Separouse do socio cando o negocio ía mal. Separouse do grupo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!