silencio
Audio 1
Audio 2

silencio substantivo masculino1 Ausencia de calquera ruído ou son. Pola noite as rúas están en silencio.2 Situación de quen permanece calado e sen facer ruído. Non faledes, gardade silencio.3 Situación de quen se abstén de facer comentarios ou de quen se nega a dar algunha información. Non sei como interpretar o seu silencio.4 MúsicaPausa Silencio de corchea.5 Música Signo que representa esta pausa. Esta figura do pentagrama é un silencio de branca. interxección6 Exclamación con que se pide ou impón silencio. Silencio! que non oio o que me están a dicir. FRASES E EXPRESIÓNS CON silencio En silencio locución adverbial 1 Sen facer ruído. O público permaneceu en silencio durante un minuto en sinal de dó. 2 figurado Sen queixarse. Estaba afeito a sufrir en silencio os golpes que lle daba a vida. Silencio administrativo Dereito Forma en que remata un procedemento administrativo, cando a Administración non o resolve no prazo fixado para facelo, o que pode ter sentido positivo ou negativo. A desestimación por silencio administrativo permítelle ao interesado interpor os recursos administrativos que no seu caso correspondan.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!