tallo
Audio 1

tallo substantivo masculino1 Corte feito co gume de calquera instrumento cortante. Xogando cunha navalla pegou un tallo nun dedo. CONFRÓNTESE cortada, cortadura, corte1, tallada2 Banco pequeno e sen respaldo que serve de asento para unha persoa e que está formado por un toro tallado dunha árbore. Lémbroa sentada nun tallo diante da casa.3 por extensión Banco pequeno feito en carpintaría, de tres ou catro patas e sen respaldo, que serve de asento para unha persoa. Sentouse nun tallo na cociña. SINÓNIMO banqueta CONFRÓNTESE meso, moucho24 Toro tallado dunha árbore, ás veces con patas, usado para diferentes fins, como cortar carne, picar leña etc. A carniceira cortou a carne no tallo. SINÓNIMOS cepo, picadeiro, talleiro5 Banco alongado sobre o que se deita o porco para matalo. Dous homes non aguantaban o porco no tallo.6Tallón Botou un tallo de leituga a semana pasada e xa está nacendo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!