teléfono
Audio 1

teléfono substantivo masculino1 Sistema eléctrico que permite transmitir sons a distancia a través dunha liña que conecta uns aparellos emisores e receptores, podendo así conversar dúas persoas, por moi lonxe que se atopen unha doutra. Chamoume por teléfono desde Australia. Teño que falar por teléfono.2 Cada un deses aparellos desde os que se efectúa ou nos que se recibe tal transmisión. Chamei desde un teléfono público. Soa o teléfono.3 por extensión Número que identifica a cada un destes aparellos. Anota na axenda o meu teléfono. FRASES E EXPRESIÓNS CON teléfono Teléfono celular Teléfono móbil. Pensaba que levaba no bolso o teléfono celular, pero deixárao na casa. Teléfono intelixente Teléfono móbil con elevada capacidade de procesamento e transmisión de datos. Un teléfono intelixente é case un computador de peto. Teléfono móbil VÉXASE móbil Teléfono sen fíos Aparello telefónico sen cable que permite recibir e transmitir comunicacións mediante ondas radioeléctricas. Cando están no xardín levan o teléfono sen fíos por se os chaman.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!