tempo
Audio 1
Audio 2

tempo substantivo masculino1 Sucesión das cousas considerada como un continuo uniforme, que se divide para medilo en intervalos regulares naturais, como os ciclos do Sol, da Lúa, das estacións etc., ou convencionais, como as horas, minutos, segundos etc., e que, xunto co espazo, serve de medio de referencia fundamental para localizar as existencias, fenómenos ou acontecementos. O tempo é unha sucesión de instantes. Co paso do tempo ímonos facendo vellos.2 Período determinado dentro desta sucesión. O tempo empregado na investigación foi de seis meses.3 Idade dunha persoa ou antigüidade de algo. Eu e mais el somos do mesmo tempo. Que tempo ten o teu fillo?4 Espazo temporal de longa duración. Hai tempo que non o vexo. Aínda falta tempo para que veña.5 Período variable de tempo ao que se fai alusión, que ten como punto de referencia algunha circunstancia determinada. No tempo da guerra pasouse moita fame. A ponte foi construída no tempo dos romanos. SINÓNIMO época, CONFRÓNTESE tempada6 Momento propio ou oportuno para algo. Cada cousa ten o seu tempo. SINÓNIMO tempero O verán é o tempo das cereixas.7 Estado da atmosfera. Onte tivemos bo tempo, pero hoxe xa temos un tempo de inverno.8 Cada unha das partes en que se dividen algunhas accións. Un partido de fútbol ten dous tempos de corenta e cinco minutos cada un. Levanta máis de cen quilos en tres tempos.9 Gramática Forma que adopta o verbo mediante morfemas propios para indicar o momento en que se realiza a acción. Pon o verbo en tempo futuro.10 Música Cada unha das partes en que se realiza un compás. O valse é unha composición musical de tres tempos.11 Música Velocidade coa que se interpreta unha peza musical. O adagio ten tempo lento.12 Mecánica Cada unha das fases que constitúe o ciclo de funcionamento dun motor. Hai motores de dous ou catro tempos. FRASES E EXPRESIÓNS CON tempo Andar co(s) tempo(s) Adaptarse ás circunstancias que van cambiando co paso do tempo. Agora lévase o pelo de cores, e hai que andar cos tempos! SINÓNIMO ir co(s) tempo(s) Ao mesmo tempoSimultaneamente Os dous equilibristas actuaban ao mesmo tempo. Ao seu tempo No momento oportuno. Cada cousa ao seu tempo. SINÓNIMO no seu tempo Ao tempoSimultaneamente O programa pretende ao tempo divertir e educar. A tempo locución adverbial En boa hora, no momento oportuno, puntualmente. Chegou a tempo de coller o autobús. A un tempo locución adverbial Simultaneamente, ao mesmo tempo. Chegaron a un tempo e xa marchamos todos xuntos. Con tempo locución adverbial Con vagar, anticipándose abondo. Ide con tempo para non ter que correr. Co tempo locución adverbial Co paso do tempo. Co tempo ha cambiar. Dar tempo Conceder un prazo de tempo suficiente. Dádelle tempo que xa medrará. Dar tempo ao tempo Agardar deixando pasar o tempo ata que se solucione algo. Todo está moi recente, hai que darlle tempo ao tempo. De tempo en tempo locución adverbial Ás veces. De tempo en tempo íalles facer unha visita. SINÓNIMO de cando en vez En tempo locución adverbial Con tempo suficiente. Se chegamos en tempo, heivos facer arroz doce para a sobremesa. Facer o tempo Demorarse facendo calquera cousa mentres se agarda por algo. Estivo facendo o tempo co neno mentres non lle era hora de marchar. SINÓNIMO facer tempo Facer tempo Facer o tempo. Estivemos de conversa facendo tempo agardando o autobús. Fóra de tempo En ocasión inoportuna, fóra do momento que lle corresponde. Entregou os documentos fóra de tempo e non puido facer o exame. Ganar tempo Obrar de xeito que se adiante no que se fai, para ter máis tempo ou rematar antes. Se imos por este atallo, ganamos tempo. Ir co(s) tempo(s) Andar co(s) tempos. Hai que ir cos tempos! Matar o tempo Pasar o tempo. Non sei como matar o tempo. No seu tempo Ao seu tempo. As mazás hai que collelas no seu tempo. Pasar o tempo Facer cousas sen interese ou proveito, só para entreterse. Pola tarde pasa o tempo paseando polo xardín. SINÓNIMO matar o tempo Perder o tempo 1 Facer cousas sen proveito cando hai outras máis importantes por facer. Non perdas o tempo lendo iso agora porque, non urxe. 2 Traballar en van, facendo cousas que non van dar resultado. Non perdas o tempo arranxando iso que xa está moi vello e non paga a pena. Sen perda de tempo VÉXASE perda Tempo bravo Tempo de fortes chuvias e ventos, temporal. Nas zonas costeiras hai tempo bravo no inverno. Tempo composto Tempo do verbo composto por unha forma do verbo auxiliar e o participio do principal. En galego non temos tempos compostos. Tempo libre Tempo de ocio e lecer. Gústalle ler no seu tempo libre. Tempo morto Breve espazo de tempo durante o que se deixa de realizar unha actividade. Aproveitou o tempo morto para mirar o xornal. Tempo simple Tempo que non está formado por un verbo auxiliar. O presente de indicativo é un tempo simple. Ter tempo Dispor de tempo abondo. Se teño tempo, vouche axudar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!