terminar
Conxugar
Audio 1

terminar /verbos/terminar.html verbo transitivo1 Pór fin a [algo que se estaba realizando]. Terminou a súa carreira literaria cunha novela maxistral. SINÓNIMO consumar O orador terminou o seu discurso antes do previsto. SINÓNIMOS acabar, concluír, finalizar, rematar ANTÓNIMOS comezar, empezar, iniciar, principiar OBSERVACIÓNS: Cando a acción á que se pon fin vén expresada en infinitivo, leva obrigatoriamente a preposición de Cando termines de facelo, avísame. SINÓNIMOS acabar, rematar ANTÓNIMOS comezar, empezar2 Esgotar ou consumir por completo [certa cousa], non deixar quedar nada dela. Levamos alimentos para quince días, non debemos terminalos antes. SINÓNIMO acabar verbo intransitivo3 [Cousa] ter como parte final ou extremo a forma ou aquilo que se expresa. O camiño termina nos lindeiros da fraga. O contraforte termina nun pináculo. SINÓNIMOS acabar, rematar4 [Algo] transformarse noutra cousa cando chega ao final. A festa terminou en liorta. SINÓNIMOS acabar, parar1, rematar5 Chegar á fin. Terminou o verán. SINÓNIMO pasar1 Terminou a conferencia. SINÓNIMOS acabar, concluír, finalizar, rematar ANTÓNIMOS comezar, empezar, iniciarse, principiar verbo pronominal6 [Algo] consumirse por completo, non quedar nada dela. Terminóuselles a auga cando levaban percorridos sesenta quilómetros. SINÓNIMOS acabarse, esgotarse7 [Algo] chegar á súa fin, non ter continuación. Terminouse a discusión. SINÓNIMOS acabarse, concluírse, finalizar, rematar ANTÓNIMOS comezar, empezar, iniciarse, principiar FRASES E EXPRESIÓNS CON terminar Terminar de + inf Indica que a acción ou proceso que expresa o infinitivo se completou. Cando termines de facelo, avísame. SINÓNIMOS acabar de + inf, rematar de + inf, ANTÓNIMOS comezar a + inf, empezar a + inf, poñerse a + inf

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]