testemuña
Audio 1

testemuña substantivo feminino1 Persoa que coñece un determinado feito, porque ocorreu na súa presenza, e pode dalo a coñecer a outros. A única testemuña do accidente foi un vello que pasaba por alí.2 Persoa que comparece diante da xustiza, para declarar sobre algo que viu ou sentiu. Todas as testemuñas coincidiron na versión dos feitos.3 Persoa que é requirida na celebración de certos actos para verificar ou dar fe de algo. Os dous irmáns foron de testemuñas á súa voda.4 Montículo de terra que se deixa nas escavacións, coa finalidade de medir o volume extraído. Os xeólogos xa tiñan datos sobre a medición da testemuña.5 Peza que se coloca nas gretas dun edificio, para ir comprobando a súa evolución. As testemuñas adoitan ser de escaiola. FRASES E EXPRESIÓNS CON testemuña Falsa testemuña A que dá un testemuño falso. O avogado chamou a declarar a unha falsa testemuña. Testemuña de cargo Dereito A que declara nun xuízo en contra do acusado. Primeiro declararon as testemuñas de cargo. Testemuña de descargo Dereito A que declara nun xuízo en favor do acusado. O tribunal escoitaba atentamente a declaración das testemuñas de descargo. Testemuña de Xehová Relixión Persoa que profesa unha relixión cristiá, cuxas doutrinas e ensinanzas están baseadas unicamente na Biblia. As testemuñas de Xehová asistiron á súa reunión anual.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!