tinta
Audio 1
Audio 2

tinta substantivo feminino1 Líquido de diferentes cores que se emprega para escribir ou imprimir. Esta pluma non ten tinta. Merquei un bolígrafo de tinta negra. Fixeron un cartel a dúas tintas.2 Calquera substancia coa que se tingue. Paréceme unha tinta moi clara para o teu pelo. SINÓNIMO tintura3 Substancia de cor escura que producen e segregan certos moluscos da clase dos cefalópodos, para turbar a auga cando se atopan ante algún perigo. Comeron luras cociñadas na súa tinta. SINÓNIMO borra1 FRASES E EXPRESIÓNS CON tinta Medias tintas Palabras ou accións pouco claras ou precisas. Di o que pensas e non andes con medias tintas. Tinta chinesa Tinta que se elabora co negro do fume, é resistente á auga e úsase especialmente para debuxar. Usou tinta chinesa para facer as liñas das marxes do folio.

tinto, tinta
Audio 1
Audio 2
Audio 3

tinto (feminino: tinta) adxectivo1 De cor vermella escura. Uva tinta. Cereixa tinta. adxectivo masculino2 [Viño] de cor vermella escura. Mercaron unha caixa de botellas de viño tinto. Tamén substantivo masculino Póñame un tinto, por favor.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!