tipo, tipa
Audio 1
Audio 2

tipo (feminino: tipa) substantivo1 coloquial Persoa, individuo. Este tipo non me gusta. É unha boa tipa. SINÓNIMO tío OBSERVACIÓNS: En ocasións pode adquirir un matiz despectivo O tipo andaba con ela porque lle conviña. substantivo masculino2 Cada unha das distintas modalidades, entre varias, caracterizada por trazos particulares. Que tipo de sal prefires? Temos varios tipos de tella.3 Modelo ou padrón que serve para imitar. Que tipo de documento teño que cubrir?4 Conxunto de seres ou cousas que presentan características comúns. Sempre anda con problemas dese tipo. É o tipo de persoa que nunca falla. SINÓNIMOS clase, xénero5 Bioloxía Cada un dos grupos taxonómicos en que se dividen os reinos animal e protista, que é superior á clase e inferior ao reino. O tipo dos cordados divídese en varios subtipos: hemicordados, urocordados, cefalocordados e vertebrados. SINÓNIMO filo6 Figura do corpo dunha persoa. Ten un tipo moi ben feito!7 Imprenta Peza de metal que leva unha letra ou outro signo en relevo. A súa máquina de escribir non ten o tipo do ‘ñ’. SINÓNIMO tipo de imprenta8 Cada un dos caracteres ou clases de letra de imprenta. A versaleta é un tipo.9 Figura principal das moedas ou das medallas. Regaloulle unha medalla co tipo da Virxe do Rosario. FRASES E EXPRESIÓNS CON tipo Tipo de cambio Número de unidades dunha moeda que se cambian por unha unidade doutra moeda determinada. Volveron subir os tipos de cambio. Tipo de imprenta Tipo (acepción 7). Fundición dos tipos de imprenta. Tipo de xuro Cantidade de diñeiro, expresada normalmente en porcentaxe anual, que produce un capital prestado. Nos últimos meses subiron os tipos de xuro.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!