todo, toda
Audio 1
Audio 2

todo (feminino: toda) indefinido1 O conxunto enteiro, por completo, sen excluír ningunha parte ou ningún elemento. Pasou toda a semana na casa. Viñeron á festa os amigos todos. Comeu todo. Non creo que xa marchasen todos.2 Precedendo a un adxectivo, aumenta o grao do que este expresa. Sempre anda toda guapa. OBSERVACIÓNS: Co plural deste indefinido pódense utilizar as segundas formas do artigo los, las, coas que contrae dando os resultados tódolos, tódalas FRASES E EXPRESIÓNS CON todo Así a todo Introduce unha oposición ou puntualización a algo que se dixo anteriormente. Aínda temos tempo pero, así a todo, apura un pouco. SINÓNIMOS así e todo, con todo, emporiso, no entanto, non obstante, secasí Así e todo Así a todo. Traballou arreo e, así e todo, non deu rematado o labor. Con todo Así a todo. Tivo que improvisar e, con todo, fíxoo ben. Con todo o (que) A pesar de. Con toda a súa intelixencia e con todo o seu saber, non foi quen de amañar o asunto. Con todas as que me fixo, aínda me vén pedindo favores. De todo locución adverbialTotalmente Está vello de todo. SINÓNIMO de vez E todo Emprégase ao final dunha oración para darlle énfase ao enunciado. Ía todo posto con traxe e levaba gravata e todo. Sobre todo Ante todo. Procura comer ben e, sobre todo, almorza. Todo o (+ adv.) que (+ v.) Expresa a calidade de algo no grao máis elevado; tan... como, o máis posible. Ven todo o rápido que poidas. Fixo todo o que puido.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!