tornar
Conxugar
Audio 1

tornar /verbos/tornar.html verbo transitivo1 Facer que [algo ou alguén] se vaia de onde está ou se desvíe do camiño que leva. Tornou o rapaz para a casa. Tornar as vacas do prado. Torna o raposo do galiñeiro. CONFRÓNTESE botar1, correr, escorrentar, espantar Tornar a auga do rego.2(tornar en) Facer que [unha cousa] pase a ser outra distinta que se expresa. Tornar unha materia en cinsa, queimándoa. SINÓNIMOS converter, transformar3 Alterar o estado ou as calidades de [unha cousa] facendo que pase a ser outra, ou doutra maneira que se expresa. O sol torna as cores escuras en máis claras. SINÓNIMO volver verbo intransitivo4 Ir outra vez ao sitio de onde se saíu. Tornar ao seu país. SINÓNIMOS regresar, retornar, volver5 [Algo, alguén] sufrir unha alteración progresiva de maneira que pase a ser da forma que se expresa, ou outra cousa que non era. Tornou pálido. SINÓNIMOS pórse, volverse6 [Algo] sufrir unha alteración que o converte noutra cousa distinta. OBSERVACIÓNS: Adoita empregarse coa preposición en O amor tornou en odio. SINÓNIMOS cambiar, transformarse, volverse verbo pronominal7 [Algo, alguén] sufrir unha alteración progresiva de maneira que pase a ser da forma que se expresa, ou outra cousa que non era. A situación tornábase cada día máis difícil. SINÓNIMOS pórse, volverse8(tornar en) [Algo] sufrir unha alteración que o converte noutra cousa distinta. As penas tornáronse en alegrías. SINÓNIMOS cambiarse, converterse, mudarse, transformarse, trocarse, volverse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!