torta
Audio 1
Audio 2
Audio 3

torta substantivo feminino1 Pan de forma redonda e moi aplanada, de masa compacta, e case sen miolo. Con esta fariña de millo hei facer unha torta.2 Doce grande, polo xeral de forma redonda e plana, que se serve cortado en porcións. Comemos a torta de chocolate entre os cinco.

torto, torta
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4
Audio 5

torto (feminino: torta) participio1 Participio irregular do verbo torcer. adxectivo2 Que está torcido, que ten curvas. Esta árbore é moi torta. SINÓNIMO curvo, ANTÓNIMO dereito3 Que está en posición oblicua. Todos os cadros da parede están tortos. ANTÓNIMO dereito4 Que non ve dun ollo. A causa dunha subida de tensión quedou torto do ollo esquerdo. SINÓNIMOS breco, cego, chosco5 Que lle falta un ollo. Tiveran moitos anos un gato torto. SINÓNIMOS breco, chosco6 Mal feito, que ten algunha eiva. Pobre, torto como é, mesmo dá pena velo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!