toxo
Audio 1

toxo substantivo masculino1 Arbusto espiñento da familia das leguminosas, de follas alternas cando é novo, que logo son substituídas por espiñas verdes, e flores amarelas, do que existen varias especies en Galicia. Foron rozar un carro de toxo para estrume.2 figurado Persoa áspera no trato cos demais. Tiña un veciño que era un toxo. FRASES E EXPRESIÓNS CON toxo Toxo albar (Ulex europaeus) Variedade de toxo de espiñas fortes que pode superar os dous metros de altura. Apañaron un carro de toxo albar. SINÓNIMOS cachal, toxo arnal, toxo branco, toxo bravo, toxo macho Toxo arnal Toxo albar. Toda a chousa estaba cuberta de toxo arnal. Toxo branco Toxo albar. Espiñouse nun toxo branco. Toxo brañego Variedade de toxo de pouca altura e espiñas miúdas. Aquí nada máis medran toxos brañegos. Toxo bravo Toxo albar. Na leira empezan a medrar toxos bravos. Toxo femia (Ulex minor) Variedade de toxo de menor tamaño ca o toxo albar. Nesta zona non se atopa toxo femia. SINÓNIMOS toxo gateño, toxo molar Toxo gateño Toxo femia. Xuntou un feixe de toxo gateño. Toxo macho Toxo albar. Botaban toxo macho nas cortes. Toxo molar Toxo femia. Arrincou uns toxos molares do arredor.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!