trasladar
Conxugar
Audio 1

trasladar /verbos/trasladar.html verbo transitivo1 Cambiar [unha persoa ou cousa] dun lugar para outro distinto. Trasladaron os presos para a nova prisión. SINÓNIMO levar2 Facer pasar [alguén] dun posto de traballo a outro da mesma categoría. Trasladárono para as oficinas da sucursal de Vigo.3 Cambiar [algo] de data. Trasladou as vacacións para o mes de outubro. SINÓNIMOS atrasar, pospoñer, pospor, postergar ANTÓNIMO adiantar4 Pasar [un texto] dunha lingua a outra. Trasladaron ao galego clásicos universais. SINÓNIMO verter5 Facer unha copia de [algo xa escrito]. Trasladar un texto. verbo pronominal6 Cambiarse dun lugar para outro distinto. Trasladáronse para unha rúa do centro.7 Pasar dun posto de traballo a outro da mesma categoría. Trasladouse das oficinas de Santiago ás de Lugo por motivos persoais.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!