tren
Audio 1

tren substantivo masculino1 Serie de coches de ferrocarril tirados por unha mesma locomotora. Os primeiros trens funcionaban a vapor. CONFRÓNTESE convoi2 Mecánica Conxunto de máquinas ou dispositivos combinados que se utilizan para un mesmo fin. Tren de lavado. Tren de velocidades.3 Deporte Ritmo dunha competición deportiva. O tren do partido acelerouse nos últimos minutos. FRASES E EXPRESIÓNS CON tren Tren correo Tren que leva a correspondencia e adoita viaxar durante a noite. Asalto ao tren correo. Tren de alta velocidade Tren que circula por unha vía especial a máis de douscentos quilómetros por hora. Viaxamos de Madrid a Sevilla no tren de alta velocidade. Tren de aterraxe Conxunto de máquinas ou dispositivos que lle permiten a un avión tomar contacto co chan. Un fallo no tren de aterraxe houbo provocar un accidente. Tren de ondas Física Sucesión dun número limitado de ondas. Os focos luminosos emiten unha serie de trens de ondas moi curtos. Tren de proximidade Tren que comunica o centro dunha cidade cos seus arredores ou con núcleos de poboación veciños. O tren de proximidade é unha alternativa de transporte sostible. Tren de vida Modo de vida con luxo, comodidades etc. Levan un tren de vida demasiado alto.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!