trollo
Audio 1

trollo1 Para todas as acepcións Forma menos recomendable: trullo substantivo masculino1 Utensilio formado por un mango que ten nun dos seus extremos unha táboa perpendicular en forma de semicírculo e que se utiliza para xuntar as brasas do forno, o gran na eira, para sacar os bolos do forno etc. Co trollo xuntaba o trigo que tiña a asollar. Tirou as brasas do forno co trollo e botounas na borralleira. SINÓNIMO rodo12 Apeiro semellante a un angazo, que se utiliza para desfacer os terróns e achandar a terra. Levaban cadanseu trollo ao lombo para a leira.3 Ferramenta utilizada polos albaneis que consiste nunha táboa cunha asa por un dos lados, de onde colle a masa coa paleta. Co trollo tamén se alisa a masa.

trollo
Audio 1

trollo2 substantivo masculino1 Mestura de auga, terra, pedras etc., que se forma nun lugar, por exemplo cando chove. Os canos atascáronse con trollo. SINÓNIMO entullo Ven máis pola beira, non te metas nese trollo. SINÓNIMOS barro, bulleiro, lama1, lodo2 Lugar onde se forma lama. No inverno este camiño é un trollo. SINÓNIMOS bulleiro, bullo, lamazal, lameiro, lamela1, lamorqueira CONFRÓNTESE groto3 Terreo con moita auga que pode ser prado ou monte baixo. Fuxindo do lobo, varias bestas quedaron espetadas nun trollo. SINÓNIMOS braña, brañal, brañeira, lameiro CONFRÓNTESE trémbora

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!