tubo
Audio 1

tubo substantivo masculino1 Peza oca de cemento, goma, plástico etc., xeralmente máis longa ca larga e aberta polos dous extremos, que se utiliza, moitas veces empatada a outras pezas iguais, para transportar líquidos, gases ou outras materias e para outros moitos usos. O gas chega da bombona á cociña a través dun tubo de goma.2 Recipiente de forma semellante, cerrado por un lado e cun tapón polo outro, que se emprega para conter cousas. Merquei un tubo de pegamento. Algúns puros veñen gardados en tubos de metal para que se conserven mellor. Recolleu as mostras nun tubo de ensaio.3 Anatomía Conduto, canal ou estrutura de forma cilíndrica e oca. Tubo esofáxico. FRASES E EXPRESIÓNS CON tubo Tubo de ensaio Química Tubo de vidro cerrado por un lado, que se emprega nos laboratorios. Sintetizou nun tubo de ensaio distintas proteínas. Tubo de escape VÉXASE escape Tubo fluorescente VÉXASE fluorescente Tubo de raios catódicos Física Aparello electrónico no que as variacións dunha tensión ou dunha corrente eléctrica aparecen en forma de curva nunha pantalla luminescente, ou impresionan unha emulsión fotosensible. O tubo de raios catódicos é o elemento fundamental dos receptores de televisión.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!