valor
Audio 1

valor substantivo masculino1 Calidade ou conxunto de calidades obxectivas que fan que unha cousa sexa digna de aprecio. O valor do ouro é superior ao da prata. O terreo gañou valor tras abrir o camiño. CONFRÓNTESE prezo2 Maior ou menor aprecio ou importancia que por razóns subxectivas se lle dá a unha cousa. A sinceridade nas persoas ten para min moito valor. Non lles dá valor aos cartos. Un obxecto de valor sentimental.3 Importancia atribuída convencionalmente a unha cousa. O ás é a carta con máis valor.4 Matemáticas e Física Cantidade que se corresponde cunha magnitude ou variable. Determinar o valor da incógnita.5 Equivalencia dunha moeda con relación ao padrón. Prevén unha suba do valor do euro.6 Música Duración dunha nota. O valor dunha corchea é o dobre do dunha semicorchea.7 Sentido ou importancia dunha expresión. Non entendín o valor da expresión que utilizou.8Validez O documento non ten valor sen sinatura.9 Calidade de quen se enfronta a unha dificultade ou a un perigo e trata de superalos. O soldado recibiu unha medalla polo valor que demostrou. Hai que ter valor para tomar certas decisións. SINÓNIMOS denodo, intrepidez, valentía10 Persoa que demostra boas calidades para unha actividade. Na película interveñen novos valores do cine. substantivo masculino plural11 Documentos que representan o diñeiro investido nunha empresa ou na débeda do Estado. Valores que se cotizan na bolsa.12 Principios que rexen o comportamento das persoas. Estanse perdendo moitos valores tradicionais. FRASES E EXPRESIÓNS CON valor De valorValioso Gardou os obxectos de valor na caixa forte. Valor absoluto Matemáticas Valor dun número real prescindindo do signo. O valor absoluto de +3 e -3 é 3. Valor nominal Valor de emisión, o que atribúe o Estado. Valor nominal dunha moeda. Valor venal Valor monetario que obtería o propietario dun ben material usado se decide a súa venda. A indemnización que recibiu correspondíase co valor venal do vehículo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!