vencer
Conxugar
Audio 1

vencer /verbos/vencer.html verbo transitivo1 Ser superior a [un adversario] nunha loita, disputa, batalla etc. Vencemos o equipo contrario por tres goles a cero. SINÓNIMOS bater, derrotar CONFRÓNTESE triunfar Tamén absoluto Venceu na última partida. SINÓNIMO gañar2 Superar, deixar atrás [algo que constituía un obstáculo ou dificultade]. Despois de anos de terapia, conseguiu vencer os seus medos. As medicinas axudan a vencer as enfermidades.3 Facer que [alguén] perda ou vexa diminuída a súa forza, resistencia etc., física ou moral. Venceunos o frío. Non deixes que te venza a preguiza.4 Inclinar, afundir, torcer ou romper [unha cousa] co peso excesivo doutra. Tantos libros van vencer o andel. verbo intransitivo5 Deixar de ter validez, chegar ao límite no que remata. Mañá vence o último prazo do piso. CONFRÓNTESE prescribir6 [Cousa] romper, inclinarse, afundirse ou deformarse a causa dun peso. O estante foi vencendo pouco a pouco. CONFRÓNTESE ceder

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!