vexiga
Audio 1

vexiga substantivo feminino1 Anatomía Órgano do aparello urinario, constituído por unha membrana en forma de bolsa, que recibe e almacena a urina. De nenos xogaban coa vexiga do porco inflada. SINÓNIMOS mexa, vincha2 Anatomía e Zooloxía Órgano en forma de saco destinado a conter certos líquidos ou gases. Os peixes teñen unha vexiga que os axuda a nadar. A vexiga do fel. SINÓNIMO vesícula3 Lesión cutánea producida por un levantamento da epiderme, como consecuencia dunha queimadura, un rozamento etc., e que inicialmente contén un líquido seroso. Foi rozar ao monte e saíronlle vexigas nas mans. SINÓNIMOS ampola, bocha1, bóchega, bóldrega, boza1, flictena, vesícula, vincha, vinchoca CONFRÓNTESE gran1, roncha4 Cada unha das pústulas que produce a varíola. Aínda bo é que non ten moitas vexigas. substantivo feminino plural5 Enfermidade infecciosa e contaxiosa, declarada xa extinguida, que produce febre alta e a formación de pústulas na pel que, ao curaren, deixan marca. Agora xa ninguén ten as vexigas. SINÓNIMOS boas, varíola

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!