vez
Audio 1

vez substantivo feminino1 Ocasión na que un suceso, que pode ser idéntico a outros, ten lugar. Xa é a terceira vez que nos vemos hoxe. É a última vez que cho digo.2 Momento ou ocasión que corresponde a cada un, entre varios, para a realización de algo. Estou agardando vez para coller as entradas. Pídeme vez para o dentista. CONFRÓNTESE quenda3 Ocasión ou tempo determinado no que ocorre ou se realiza unha cousa. Unha vez chegou á vila un home descoñecido... Aquela vez tivemos que durmir no coche. SINÓNIMO volta4 Indica a desproporción dunha cousa ou persoa con respecto a outra nalgunha calidade. O proxecto de Xoán é dez veces mellor ca o voso. FRASES E EXPRESIÓNS CON vez As máis das veces Polo xeral, na maior parte dos casos. As máis das veces non sabe que dicir. Ás veces locución adverbial Nalgunhas ocasións. Vén por aquí ás veces. Á vez locución adverbial Ao mesmo tempo. Falaban todos á vez. Meteu na boca seis olivas á vez. Cantas veces! Moitas veces. Ir a pé á vila? Cantas veces! De vez locución adverbial 1Totalmente É parvo de vez. SINÓNIMO de todo 2 De maneira terminante, decisiva. É preciso pórlle fin a esta situación de vez. 3 [Acción] que se realiza dunha tirada, sen facer unha pausa. Bebe o xarope de vez e así non notarás o mal sabor. De vez en cando locución adverbial Cada certo tempo, ás veces. De vez en cando fainos unha visita. Aquí neva moi de vez en cando. SINÓNIMOS a cada canto, de cando en cando, de cando en vez Dunha vez locución adverbialDefinitivamente A ver se acabas dunha vez. En vez de locución preposicional No canto de, en lugar de. En vez de tirar a gol, pasoulle ao compañeiro. Facer as veces Cortexar, namorar, facer as beiras, facer o amor. Ándalle facendo as veces a unha moza do voso lugar. Facer as veces de Desempeñar a función doutro, ou servir para o mesmo fin ca outra cousa, na súa ausencia ou falta. O primeiro violín fixo as veces de director. Dúas carteiras no chan facían as veces de portaría. Non ter vez Non ter oportunidade, non atopar o momento ou non haber unha ocasión propicia. Xa sei que teño que amañar eses papeis, pero aínda non tiven vez. É tanto o que teño que facer, que un paseo pola praia non ten vez. Pensar (algo) dúas veces VÉXASE pensar Por veces locución adverbial Nalgunhas ocasións, ás veces. Por veces dá a impresión de estar distraído. Vinte (trinta, cincuenta etc.) veces Moitas veces. Xa cho repetín vinte veces, a ver se atendes.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!