violencia
Audio 1
Audio 2

violencia substantivo feminino1 Calidade de violento. Era coñecido pola súa violencia e agresividade. A violencia do seu discurso sorprendeu o auditorio.2 Maneira de actuar na que se fai uso da forza física ou da intimidación moral contra algo ou alguén. Non quería ter que recorrer á violencia. Un réxime baseado na violencia. CONFRÓNTESE brutalidade, forza3 Ímpeto, forza ou intensidade extraordinaria coa que se realiza ou produce algo. A violencia e rapidez coa que se propagaron as chamas fixo inútil a intervención dos equipos de extinción. Pechou a porta con violencia. CONFRÓNTESE furia A violencia do furacán. CONFRÓNTESE furia4 Exercicio inxusto e arbitrario, xeralmente ilegal, de poder ou de forza. En moitos países do mundo padécese constantemente a violencia dos golpes de estado.5 figurado Molestia, incomodidade, embarazo. Quixémoslle aforrar a violencia da situación. FRASES E EXPRESIÓNS CON violencia Violencia de xénero Acción ou conxunto de accións que comporta violencia (física, psicolóxica, verbal etc.) exercida contra unha persoa por razón do seu xénero, particularmente dun home contra unha muller. As denuncias por violencia de xénero multiplicáronse nos últimos anos. A prevención do maltrato é unha parte fundamental da loita contra a violencia de xénero.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!