violento, violenta
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4

violento (feminino: violenta) adxectivo1 Que actúa con violencia, que amosa violencia. Cando bebe convértese nun home violento. Carácter violento. SINÓNIMOS agresivo, desapracible ANTÓNIMOS apracible, pacífico, tranquilo CONFRÓNTESE belicoso, brutal2 Que ten lugar sen ningún control, que se realiza á forza e causando medo. Unha revolución violenta. ANTÓNIMO pacífico3 Que ocorre con forza extrema ou con moita intensidade. Un violento terremoto. Unha explosión violenta.4 Que esixe forza e enerxía. Un esforzo violento.5 Cohibido por atoparse nunha situación incómoda e embarazosa. Estaba violento entre aquela xente.6 Que se realiza ou ocorre en contra do propio gusto e inclinación natural, que causa violencia moral porque avergonza, compromete etc. Éme violento negarlles os cartos. Unha situación violenta. SINÓNIMO incómodo7 [Morte] causada pola forza ou por accidente. A autopsia revelou que se tratou dunha morte violenta.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!