vir
Conxugar
Audio 1

vir /verbos/vir.html verbo intransitivo1 Desprazarse cara ao lugar onde está o que fala. Ven xantar á miña casa. Has de vir en tren ou en autobús? ANTÓNIMO ir Tamén verbo pronominal Empezou a anoitecer e vinme.2 Dirixirse ao mesmo lugar que a persoa que fala, acompañándoa. Vés connosco de viaxe?3 [Acontecemento] producirse, ter lugar, ou ocorrer. O frío do inverno vén antes nas zonas da montaña. Veulle a morte de repente.4 Ter como punto de partida ou orixe un lugar ou outra cousa que se expresa. Case todas as palabras do galego veñen do latín. SINÓNIMOS derivar, proceder1, provir Veño da casa de meus curmáns.5 [Idea, sentimento, sensación etc.] manifestarse en alguén. Veume á memoria aquel día tráxico. Viñéronme uns calafríos só de pensalo. FRASES E EXPRESIÓNS CON vir Veña interxección Expresión que se emprega para animar a facer algo. Veña!, apurade un pouco máis! SINÓNIMOS ala2, ale Vir (ben) 1 Ter un efecto bo. Víñache ben un pouco repouso. 2 Maneira positiva na que unha cousa se acomoda a outra ou lle senta a unha persoa. Aquí víñalle ben un cadro de cores rechamantes. CONFRÓNTESE acaer Vir de familia VÉXASE familia Vir de vello VÉXASE vello Vir mal 1 Ter un efecto malo. Ao teito non lle viña mal unha man de pintura. 2 Maneira negativa na que unha cousa se acomoda a outra ou lle senta a unha persoa. Non che vén mal a saia que che deixou a túa irmá.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!