virxe
Audio 1

virxe substantivo feminino1 Muller que nunca tivo relacións sexuais. Na antigüidade, había virxes ao servizo da relixión.2 Catolicismo María, a nai de Xesucristo. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Unha oración dedicada á Virxe.3 Astronomía Constelación do zodíaco situada entre as de León e Balanza. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Virxe contén varias estrelas brillantes. Forma menos recomendable: virgo4 Signo zodiacal das persoas nacidas entre o vinte e tres de agosto e o vinte ou vinte e dous de setembro. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Naceu baixo o signo de Virxe. Forma menos recomendable: virgo5 Persoa que naceu baixo o signo de Virxe. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción é invariable en plural Se fan os anos a finais de setembro, daquela non son virxe, serán balanza. Forma menos recomendable: virgo6 Peza furada onde entra o eixe que suxeita a viga do lagar. As virxes impiden que se mova o eixe. adxectivo7 [Persoa] que nunca tivo relacións sexuais. Permaneceu virxe toda a vida, no retiro do convento.8 figurado Que nunca foi tocado, explorado ou utilizado. A selva virxe. SINÓNIMO inexplorado Unha terra virxe. Unha fita virxe para gravar. FRASES E EXPRESIÓNS CON virxe Ser coma a virxe do puño Tratar de evitar calquera tipo de gasto. Cústalle traballo invitar, é coma a virxe do puño.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!