volta
Audio 1
Audio 2

volta substantivo feminino1 Movemento dunha cousa que xira sobre si mesma ou á que se fai virar desde unha posición ata que volve outra vez a ela. Dálle unha volta á manivela. Para fechar dánselle tres voltas á chave. A Terra dá voltas ao redor de si e ao redor do Sol. Dálle media volta ao parafuso. CONFRÓNTESE xiro2 Paseo pequeno. Vés dar unha volta? CONFRÓNTESE garbeo3 Parte posterior dunha cousa ou que se opón á que está á vista. O coxín está sucio, a ver pola volta. CONFRÓNTESE revés A volta dunha páxina.4 Acción e efecto de volver ou regresar. A volta do fillo causoulle moita emoción. Billete de volta. Falamos á volta. SINÓNIMOS regreso, retorno5 Diñeiro que sobra ao pagar e que se devolve. Déronche mal a volta, faltan cartos. SINÓNIMOS cambio, troco6 Territorio próximo ao redor dun lugar. Non o hai máis gracioso en toda a volta. SINÓNIMOS contorna, contorno, redonda, rodeada CONFRÓNTESE bisbarra7 Cada unha das ocasións nas que se realiza unha cousa. Desta volta pescamos pouco. Faino outra volta. SINÓNIMO vez CONFRÓNTESE rolda8 Lugar onde un camiño, río etc., cambia de dirección. Unha estrada con moitas voltas. SINÓNIMO curva9 Camiño alternativo ou distinto do habitual. Ven pola volta.10 Percorrido que non é o máis curto. Por este camiño damos moita volta. SINÓNIMO rodeo11 figurado Trastorno, indisposición, ataque etc. Pensamos que lle dera unha volta. CONFRÓNTESE dada FRASES E EXPRESIÓNS CON volta Ata a volta Saúdo de despedida. Ata a volta e boa viaxe. Á volta de Pasado o tempo que se expresa. Volveron atoparse á volta de seis anos. A voltas con Expresión que indica que se está metido en certo asunto ou dedicado a certo labor. Levamos unha semana a voltas coa vendima. Dar a volta 1 Variar a posición ou sentido ata quedar no oposto a aquel no que estaba. Dálle a volta ao mantel. 2 Volver, regresar. Ao chegar á praza deu a volta. SINÓNIMO dar volta Dar volta 1Envorcar Coidado!, podes dar volta. 2 Volver, regresar. Deron volta desde a metade do camiño. SINÓNIMO dar a volta Dar voltas 1 Rebulir, moverse sen parar. Deixa de dar voltas. 2 Ir a moitos sitios, andar dun lado para outro. Cantas voltiñas deron para amañar os papeis. 3 Sufrir altibaixos, cambios. A vida dá moitas voltas. Darlle voltas (a algo) Pensar, traballar etc., en certa cousa. Antes de vender deulle moitas voltas. Non lle deas máis voltas. De volta De regreso. Xa están de volta. Ganar a volta Variar a posición ou o sentido ata quedar no oposto a aquel no que se estaba. Éralle mellor ganar a volta polo camiño que trouxera. SINÓNIMOS dar a volta, dar volta Volta atrás Posibilidade de rectificación. Xa non hai volta atrás. Volta de campá A que dá un automóbil de xeito que as rodas quedan cara a arriba. O coche saíu da estrada e deu varias voltas de campá.

volto, volta
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4

volto (feminino: volta) participio Participio irregular do verbo volver.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!