voz
Audio 1

voz substantivo feminino1 Son producido na larinxe polo aire expulsado dos pulmóns, ao facer vibrar as cordas vocais. Falaba en voz alta. Ten a voz grave. Estaba tan nervioso que lle tremía a voz. Escoitábase unha voz que pedía socorro.2 literario Son producido polos animais, polos instrumentos musicais, por fenómenos da natureza etc. As voces dos violíns. Sentíase a voz do vento. As voces dos tronos.3 Expresión da propia opinión ou posibilidade de expresala. A voz do pobo pedía xustiza. Os obreiros teñen voz e voto nos órganos de control da fábrica.4 Gramática Forma en que pode empregarse o verbo segundo a acción verbal sexa realizada polo suxeito (voz activa) ou sexa recibida por el (voz pasiva). ‘Collía’ é unha forma verbal en voz activa. SINÓNIMO diátese5 Palabra, vocábulo. Publicouse un dicionario de trinta mil voces.6 Música Forma da voz segundo o rexistro. Voz de tenor. FRASES E EXPRESIÓNS CON voz A media voz Baixiño, sen que se oia moi lonxe. Gustáballe oíla cantar a media voz, mentres facía o seu traballo. Correr a voz Espallar unha noticia ou rumor. Quen foi o que correu a voz de que viña hoxe? Tomarse a voz Quedar sen voz, ou case sen ela, a causa dunha afección de gorxa. Coas bebidas moi frías tómaselle a voz. Turbiarse a vozEnrouquecer Despois de tanto berrar e cantar turbióuselle a voz. Voz activa Gramática Voz do verbo que expresa unha acción realizada polo suxeito. O complemento directo das oracións en voz activa convértese en suxeito paciente na voz pasiva. Voz da conciencia A que causa os remordementos por algo malo que se fixo. A voz da conciencia impedíalle durmir. Voz pasiva Gramática Voz do verbo que expresa unha acción recibida ou sufrida polo suxeito. A oración ‘O anel foi roubado polo ladrón’ está en voz pasiva.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!