vulto
Audio 1

vulto substantivo masculino1 Volume ou tamaño dunha cousa. Polo vulto, calculo que debe ser un paraugas. CONFRÓNTESE volume2 Elevación na superficie de algo ou dureza no interior dalgunha cousa. Saíulle un vulto na cabeza. Dentro do colchón hai un vulto.3 Obxecto grande ou conxunto de obxectos envoltos e preparados para ser transportados. Cargaron os vultos no coche. SINÓNIMOS fardo, paquete14 Obxecto ou masa que se percibe de forma imprecisa debido á distancia, á falta de luz etc. Vin moverse un vulto entre as árbores. FRASES E EXPRESIÓNS CON vulto A vulto Aproximadamente, a ollo. Calculou a vulto que habería unhas duascentas persoas. De vultoImportante Cometeu un erro de vulto. Facer vulto 1 Ocupar certo espazo polo seu volume. A carteira facíalle vulto no peto. 2 familiar Estar presente nun acto no que non se participa ou polo que non se ten ningún interese. A metade dos que estaban na sala só facían vulto.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!