xeral
Audio 1

xeral adxectivo1 Que se refire ao conxunto de individuos, de casos, de detalles etc., e non a cada un en particular. Dáme a túa opinión xeral sobre o asunto. Cultura xeral. ANTÓNIMO particular2 Que afecta a maioría ou a totalidade dunha colectividade. Un asunto de interese xeral. SINÓNIMO común Convocaron unha asemblea xeral para o venres. Dáme a túa opinión xeral sobre o asunto. O profesor deu aprobado xeral.3 Que afecta ou se refire a todo o corpo ou a todas as partes dun organismo. Anestesia xeral. Sente malestar xeral.4 Que abrangue o conxunto dunha organización, dun servizo etc. A Secretaría Xeral técnica emitiu un informe favorable.5 Que exerce no máis alto grao o cargo que se expresa. Director xeral. Secretario xeral.6 [Estrada] que constitúe unha vía principal á que van desembocar outras secundarias. Antes de chegar á vila, deixamos a estrada xeral. FRASES E EXPRESIÓNS CON xeral En xeral locución adxectiva En conxunto, considerado sen facer distincións. A obra vai dirixida ao público en xeral. locución adverbial 1 De maneira xeral. Falo en xeral, non de ti en particular. 2 Normalmente, comunmente. En xeral, a xente sabe o que quere.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!