bullying?

Insultos, desprezos, ataques físicos contra outro alumno ou as súas propiedades, dominación e illamento social dunha compañeira etc., en definitiva, maltrato entre iguais que nos arrepía aínda máis cando se produce no ámbito escolar.

Bullying é un estranxeirismo que, coma noutros moitos casos, procede do inglés. A súa terminación ing, é un sufixo que nos indica que unha acción se está a realizar. No idioma orixinal significa “tratar de maneira prepotente, intimidatoria e incluso agresiva”. Iso mesmo trasladouse á nosa lingua, por exemplo, cando falamos do bullying na escola. Podemos atopar múltiples exemplos nos medios de comunicación, con titulares tan dramáticos coma este: “A quinta parte dos alumnos sofre ‘bullying‘ e o 2% acoso sexual” (Galicia Hoxe, 4 de novembro de 2009).

O termo procede do inglés bully, e este probablemente do holandés primitivo boele (cariño), que ás veces tamén se usaba como reproche. No inglés antigo existía unha acepción como “boa persoa”, aínda que podía ter un significado totalmente contrario, algo semellante a “proxeneta”. Na actualidade, como primeira acepción do substantivo bully, atopamos a de “unha persoa habitualmente cruel ou dominante, especialmente cos máis pequenos ou máis débiles”, e de aí deriva o verbo.

Con todo, malia que o uso do termo bullying está comezando a estenderse nos medios de comunicación, cómpre ter en conta que alternativas propias coma acoso escolar fan innecesario o emprego do anglicismo.

 

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir